Servizos Sociais

Os Servizos Sociais enmárcanse dentro da política global do Benestar Social como un dos seus instrumentos máis eficaces para garantir a atención das necesidades sociais así como promover e posibilitar o benestar de tódolos cidadáns.


Dende aquí xestiónanse e coordínanse os correspondentes programas dende os que se ofrece información, valoración, diagnóstico e orientación á poboación en canto ós dereitos, recursos e intervencións sociais que lle poida corresponder, proporciónanse servizos de axuda a domicilio, prestacións económicas e de emerxencia social; intervense para lograr a incorporación social e realízanse actuacións preventivas das situacións de riesco e necesidade social do conxunto da poboación.

Acceso á Sede Electrónica do Concello de Riotorto

Os seus principais obxectivos son:

  • Acercar a tódalas persoas deste concello ós servizos sociais e ás súas prestacións básicas, así como a tódolos programas e actividades específicos que se diseñen.
  • Dar cobertura en materia de servizos sociais a todas aquellas necesidades individuais, familiares ou de colectivos que xurdan.
  • Promover a dinamización sociocultural, especialmente das personas maiores, con programas dirxidos específicamente a eles.


Contacto / Localización

Praza das Rodrigas 1 - 27744 - Riotorto
Teléfono: +34 982 346 222
Horario: o concello conta cos servizos dunha traballadora social de luns a venres, en horario de atención ó público de 9:00 a 14:00 horas.