Moxoeira
Igrexa parroquial de San Lourenzo da Moxoeira
A construcción da igrexia de San Lourenzo débese ó bispo Martín, que gobernou a diocese desde 1219 a 1248 e quen cedeu axiña e “pleno iure” ó cabido. O templo reconstruiuse en 1960, mantendo o perímetro primitivo. Consta de nave rectangular e cruceiro, con espadana dun só corpo e dous ocos na fachada. A planta ten forma de “T” e unha pequena sacristía detrás.
No interior ten un Cristo moderno, un San Antón de estilo popular, un San Lourenzo con vestido de dalmática, outro San Lourenzo, un cáliz de prata do século XVII, e outro cáliz de prata, máis sinxelo, do século XVIII, co Cristo no anverso e San Lourenzo no reverso.
Capela de San Roque da Augaxosa
Capela de planta rectangular, moi modificada por diversas reformas e especialmente onde xa se empregou o ladrillo, recebando e pintando de branco os sus muros. Fachada con porta de arco de medio punto e porche. Espadana dun só oco rematada cunha cruz de ferro. Cuberta de lousa a dúas auga. Non presenta ningún elemento de interese histórico-artístico.
Capela de Santiago do Vilar de Santiago
Fundada no século XVII, é de planta rectangular, cuberta a dúas augas con armazón de madeir e sobre este as lousas, e espadana dun só oco na parte central. O piso é de lousa e na entrada hai unha pía bautismal.
No seu interior ten un retábulo onde salienta unha talla de madeira de Santa Ana, duns corenta e nove centímetros de altura, datada no século XIII. Outras tallas son un Santiago peregrino de estilo popular. Santa Ana coa Virxe do século XVII e un San Xosé moderno. Tamén un cáliz de prata sen dourar. Nas súas inmediacións existe un garaxe que cando foi construido atopáronse no terreo varias tumbas con laxes de lousa.
Cruceiro de Augaxosa
Neste lugar hai un cruceiro, que foi reformado na década dos anos 1970.
Cara Rectoral da Moxoeira
No interior conservaba unha imaxe da Virxe do Carme de estilo popular, outra Virxe popular e outras dúas tallas. Hoxe en día é unha casa particular.