Servizo de Emprego
O servizo municipal de Emprego realiza fundamentalmente labores de asesoría, información e orientación en relación co eido laboral. Ademáis impulsa actividades destinadas a mellorar a situación laboral dos cidadáns do Concello e a implantar as novas políticas activas de emprego. Entre elas figuran a realización de cursos formativos ou a promoción de obradoiros de emprego e escolas obradoiro.
Este servizo municipal conta cunha Axente de Emprego e Desenvolvemento Local que se ocupa de informar ós interesados sobre as posibilidades de cara a creación e desenvolvemento de novas empresas así como para aquelas que xa están en activo.
Servizos Ofrecidos
- Asesoramento na creación de empresas e acompañamento técnico en tódolos trámites necesarios para a posta en marcha do proxecto.
- Información e xestión de subvencións.
- Apoio á difusión das políticas activas de emprego.
- Desenvolvemento de plans de formación.
- Adhesión e estudio de iniciativas que poidan encadrarse en proxectos europeos como os do FEADER.
- Promoción de Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego.
- Información a cerca de cursos que se leven a cabo no Concello ou arredores.
Contacto/Localización
Praza das Rodrigas 1 - 27744 - Riotorto (Lugo)
Teléfono: +34 982 346 222
Horario: De luns a venres, de 8:00 a 14:00 horas.