Casa Niño A Croa
É un espazo educativo de atención á infancia, de idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, mediante o cal se facilita a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral. Comprende a atención específica das necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo coas idades das crianzas e a contribución ao seu desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social.
Ten un máximo de cinco prazas, facéndoa así de carácter acolledor, permitindo que as crianzas nos seus primeiros anos de vida, poidan desfrutar dun espazo máis familiar e dunha atención máis individualizada.
No día a día na casa niño, ten relevante importancia o xogo libre. Para iso contamos cun espazo dotado de distintos materiais para que as crianzas participen en experiencias significativas, cun ambiente que faga posible a construción das primeiras aprendizaxes de identidade e autonomía persoal, de relación co contorno e de comunicación social, sempre en estreita colaboración coas familias.
É un proxecto con carácter gratuíto na modalidade de atención diúrna de luns a venres, de 9 horas a 17 horas, subvencionado pola Xunta de Galicia e a Unión Europea.
Este proxecto nace de moita ilusión, de moitas ganas e de moitísimo esforzo e con esta frase quero rematar: “O home non se desenvolve na universidade, senón que inicia o seu desenvolvemento mental a partir do nacemento, e efectúao coa maior intensidade nos tres primeiros anos de vida”.
María Montessori, 1986
TARXETA DE VISITA
FOTOS AULA
Zona de Gateo
Recanto Sensorial
Sala de Descanso
FOTOS ALUMNOS
Durante todo o curso, foméntase o xogo libre e realízanse actividades que permitan a exploración e fomenten a imaxinación dos nenos e nenas mediante estas.
Actividade con follas durante o outono
Saída a recoller follas
Encendido de luces da nosa árbore de nadal
Provocación con cunhas no verán
E por último, esta son eu, a acompañante dos nenos e nenas que acuden día a día a casa niño.
Azurine Moral Alvite
04 - Agosto - 1990
Grao en maxisterio en Educación Infantil, campus de Lugo. USC.
“Acompañante na casa niño e aprendiz día a día”.