Saúdo do Alcalde


Como alcalde do Concello de Riotorto quero saudar a tódolos veciños e veciñas deste lugar e a tódalas persoas ás que poida unilas algún interese ou relación con este municipio, poñendo á disposición dos nosos visitantes e persoas interesadas toda a información que mediante esta canle informativa poidamos transmitir.

A través desta vía pretendemos dar a coñecer un municipio de futuro en permanente evolución, que querendo potenciar os seus grandes recursos naturais, paisaxísticos, monumentais e culturais camiña cara á modernidade e o desenvolvemento sostido, transformando as súas estruturas agrarias cara ós sectores de servizos, industriais e de ocio, tendo como principal valor a calidade humana e o dinamismo das súas xentes.

Este portal web procura igualmente achegar a administración municipal á cidadanía ofrecendo unha serie de servizos que de xeito progresivo irán medrando e mellorando.

O Concello de Riotorto dálle a benvida da man do seu alcalde dende este espazo virtual confiando en que lles permita a todos vostedes coñecer mellor este pobo e compartilo connosco.

Clemente Iglesias González

Alcalde de Riotorto