Aldurfe


Igrexa parroquial de San Pedro de Aldurfe

Igrexa reformada no século XX, con nave de cuberta a dúas vertentes e espadana de dous vans de arco de medio punto no piso inferior e un oco tamén de arco de medio punto no piso superior. Esta espadana está rematada con tres pináculos e unha cruz de ferro.

A capela mayor ten catro vertentes. O teitume é de madeira e o tellado de lousa. No centro da fachada consérvanse restos dun arco semicircular tapiado, pertencente a unha estructura anterior.

No interior posue un retábulo mayor moderno con esculturas de San Pedro, San Antón de Papua, San Xosé e un San Andrés Apóstolo do século XVIII; un retábulo dereito, con columnas salomónicas, é do primeiro tercio do século XVIII, con esculturas dun Apóstolo co libro aberto na man esquerda, unha Concepción e un crucifixo pequeño do século XVII; e un retábulo esquerdo do século XVII, coas esculturas de San Brais, a Dolorosa, unha Santa María do século XVIII e un búcaro de cerámica de Sargadelos. Na sacristía existe unha cruz parroqual de prata coa inscrición: “ESTA CRVZ SE ICO AÑO. 1962 SIENDO CVRA DE SISTO DIO. CARBALLEIRA”.

Cruceiro de Aldurfe

Pertencente ó século XIX, é semellante nos seus trazos ós existentes na Terra Chá Luguesa, posiblemente da escola de canteiros Romás (Vilalba). Consta de catro escaleiras, pedestal cun signo pouco perceptible e fuste con motivos relacionados coa Paixón. No fuste aparecen motivos relacionados mayormente coa Paixón, así de arriba a abaixo temos unha roseta sextapétala, tres cravos, unhas tenaces, un martelo, unha espada e unha escaleira. Capitel corintio de catro cabezas e cruz con cristo e incrición “INRI”.

Casa do Peineiro de Aldurfe

Casa reformada, cos muros recebados e pintados de branco que nun lateral aínda conserva un escudo de granito cun relevo de pouco resalte, cuartelado, cunha águia cosa ás extendidas no cuartel superior esquerdo, floresta borrosa no superior dereito, castelo de tres almeas sobre ondas no interior esquerdo, e outro castelo xunto ó que se atopa un cuadrúpedo que semilla ser un león, todo sobre ondas pero con talla diferente ó cuartel anterior no inferior dereito.

Cruceiro do Franco

Pequeño cruceiro, moi sinxelo con base de cachotería algo recebada con cemento, pedestal e cruz con Cristo feitos de granito. Debaixo do Cristo aparece unha figura coas mans cruzadas sobre o peito dentro dun pequeño fornelo.