Punto Limpo

O Punto Limpio, situado nos Xuncas-A Pastoriza, presta servizo ós concellos de Riotorto, Meira, Ribeira de Piquín, A Pontenova, Pol e A Pastoriza. O horario de atención ó público é de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas.


Poderán depositar residuos xerados no noso concello, os residentes no mesmo ou aqueles que teñan vivenda ou desenrolen a súa actividade neste concello e paguen a taxa por recollida de residuos.

Os residuos deberán ser transportados polos propios interesados ó Punto Limpio e deberán estar debidamente clasificados.

No caso dos residuos voluminosos tales como electrodomésticos, mobles, chatarra,… o concello dispón dun servizo de recollida domiciliaria. Aquelas persoas que desexen depositar estas mercancías no Punto Limpio a través deste servizo deberán chamar ó concello ( teléfono 982346222) e comunicar a súa dirección e número de teléfono e posteriormente dende aquí poñerémonos en contacto cos interesados para informar do día en que pasarán a recollelos.

O Punto Limpio non actúa como centro xestor de residuos industriais e polo tanto non poderán depositarse nel residuos procedentes de actividades agrícolas e industriais tales como plásticos da agricultura, palés, contenedores de escombro,…

Poderán depositarse os seguintes residuos:

  • Plástico
  • Cartón
  • Papel
  • Textil
  • Vidrio
  • Envases
  • Ferralla
  • Voluminosos
  • Escombro (pequenas obras domiciliarias) - 25kgs
  • Aerosoles - 10 unidades
  • Frigoríficos - 1 unidade
  • Madeiras - 60 kgs ou un moble
  • Aceite vexetal - 5 litros
  • Pinturas – 1kg
  • Electrodomésticos - 2 unidades
  • Tubos fluorescentes - 3 unidades
  • Medicamentos - 1 kg
  • Aceite de motor - 5 litros