Produtos ecolóxicos


Labregos de Lugo

Se de produtos naturais do campo falamos, hai que citar os Labregos de Lugo. Labregos de Lugo é unha sociedade agraria con sede en Riotorto, caracterizada por comercializar só verduras e hortalizas en fresco. Cada un dos agricultores que forman parte dela cumpre cunha serie de requisitos que garanten unha produción de calidade, na que os procesos de cultivo e recolección dos seus produtos se fai de modo tradicional, achegando ás verduras un sabor característico. Entre os seus produtos atopamos leitugas, patacas, coliflores e outras verduras. O mellor da terra dende Riotorto á túa mesa.

http://www.labregosdelugo.es/

Hortícolas Javier Miranda

Somos unha pequena empresa baixo o nome de Hortícolas Javier Miranda. Nacemos grazas á iniciativa de Javier Miranda Vidueiro, un novo agricultor con moitas ganas de traballar e ver producir as pequenas e fértiles “Terras de Miranda”, situadas na Mariña Lucense.

https://terrasdemiranda.es/