Hostelería


Para comer…

  • A taberna de Montse

taberna-montse

A Taberna de Montse está situada na parroquia de Órrea, na carretera N640 ao seu paso polo concello de Riotorto. Leva aberta máis de 60 anos, e se algo a caracteriza é o trato familiar, a comida caseira e a opción de comer arredor da tradicional cociña de leña. As súas especialidades son o pulpo, a carne de caza (e en xeral todo tipo de carnes) e o cocido galego.

A Órrea, Riotorto.

Tlf: 699 82 91 55 / 982 33 00 37

http://www.tabernademontse.com

 

  • Casa Rodil

O gusto e o bo facer na cociña vénlle de tradición á Casa Rodil. Situada en pleno casco urbán de Riotorto, caracterízase pola mezcla de tradición e innovación na súa cociña.

As Rodrigas, Riotorto.

Tlf: 982 34 65 50 

 

Para tomar algo…

 

  • Café/Bar Al Volante

volante

Negocio familiar aberto no 1.980, a cafetería/bar Al Volante foi forxando boa sona principalmente polos seus cafés. Aberto todos os días da semana, agás os xoves á tarde, é un dos establecementos obrigados en Riotorto para tomar un café, ir de tapas, xogar partidas de cartas ou para ver os partidos de fútbol en bo ambiente.

 

  • Bar Novo América

Caracterizado principalmente polo seu servicio de tapas, o Novo América é un local obrigado para tomar o aperitivo.

 

  • Bar / Ultramarinos Rivas

Un dos locais máis antigos do concello, con servicio de bar e supermercado. Ten o encanto dos míticos ultramarinos, tan comúns no medio rural.