Meilán


Iglesia parroquial de Santa María de Meilán

Igrexa modificada no ano 1954, con nave cuberta a dúas augas, presbiterio con arco triunfal de medio punto. No interior ten un retábulo mayor salomónico, de finais do século XVIII, con dous corpos e cinco rúas, está policromado e nos detalles advirtense as influencias colonial mexicana e a popular de bisbarra. Interesantes son as tallas de Santa Marta, con aureola de prata, cetro nunca man e dragón ós pés; San Pedro Apóstolo, vestido de pontifical, sentado e con cruz papal; San Xoán Bautista e San Román Nonato, con custodia e palma nas mans. Outras imaxes de sabor popular son San Antón de Papua, San Andrés e A Nosa Señora da Cinta, esta do século XVI.

No retábulo dereito temos unha talla da Vires das Candelas do século XVIII e un San Matías cun coitelo n aman e un libro na outra. Na parte esquerda hai un retábulo popular de dous corpos.

Asimismo ten unha cruz procesional de prata do ano 1600, con catro medallóns cos evanxelistas, Cristo, a Vires do Neno, Santa Marta e dous medallóns con dous doutores da igrexa. Outras imaxes son a de San Ramón e un Cristo barroco. Ten ademais unha naveta de prata de principios do século XVII. Esta igrexa dispón ademais dun soto, utilizado hoxe como trasteiro.

Cruceiro de Santa Marta

Xunto á casa rectoral existe un cruceiro de granito con Cristo na cruz, catro anxos no capitel con volutas, fuste decorado cos instrumentos da Paixón, de enriba a embaixo: dous cravos, un cravo, un martelo, unhas tenaces, unha espada e unha escaleira. Presenta restos de policromía vermella xunto ós anxos e no fuste de cor azul. Ten características dos existentes na Terra Chá Luguesa e máis concretamente dos feitos polos canteiros de Romñan (Vilalba). Pertence ó século XIX. Preto del hai unha peza de granito sen a penas decoración que seguramente sexa unha pía bautismal.

Capela do Cimeterio de Santa Marta

Edificio que sufriu varias reformas ó longo do tempo, presenta hoxe un estado de abandono. A planta é rectangular é a cuberta de lousa a dúas augas. Ten no seu interior un retábulo renacentista popular, do século XVII, repintado en 1811, con catro tallas policromadas que representan ós evangelistas.

Casa brasonada de Elías en Santa Marta

Preto da igrexa parroquial atópase esta casa que presenta un escudo no pallar, bastante ben conservado, que está cuartelado, procedente da bisbarra da Mariña Luguesa. No primeiro cuartel aparece un castelo con porta e tres torres almeadas sendo a do centro máis alta cás laterais; no segundo tres árbores; no terceiro tres roeis; e no cuarto unha estrela invertida de cinco puntas cunha especie de lúa por enriba. Este escudo está coroado por un anxo coas ás estendidas. Esta casa tamén ten un bo pombal de planta hexagonal.

Posúe unha inscrición que pon: “CASA CONSTRUIDA / A ESPENSAS DEL B. / DON ANTONIO MEN / DEZ TEIJEIRO Y MO / NTENEGRO EN 1840”.

Casa brasonada en Santa Marta

Casa ampla, de cachotería recebada, e pequenas ventás con recantos de cantería de pedra de gra. O máis interesante é un relevo que mostra na fachada e que pode ser un escudo feito dun xeito moi rudimentario, nel atópanse a figura dun cabaleiro con lanza montado a cabalo, un animal que parece ser un león con flor de lis.

Sobreeste relevo existe a lenda de que o cabaleiro tiña duas pretendentes, unha delas tiña un can, considerando que este sexa o animal que alí aparece esculpido e foi a que casou con él.

Casa de García na Buliqueira

Casa con muros de cachotería armazón de madeira, e cuberta de lousa. No seu interior aínda conserva a lareira e no marco superior dunha das ventás da fachada presenta un escudo cunha gran cruz central rodeada de cinco cunchas de vieira, que pudiera pertencer á familia Armesto ou ós Miranda. Preto dela existiu unha capela e tamén atopáronse hai tempo ó removelo terreo varias tumbas feitas con laxes de lousa.

Capela de San Pedro Fiz de Chapín

Pequena construcción de planta rectangular, cuberta de lousa a dúas augas e espadana dun só oco na parte central. Estructura moi restaurada e retábulo popular sen demasiado valor. Tallas de San Pedro e San Antón de estilo popular. Existe ademais un floreiro de Sargadelos, da primeira época da fábrica, de cor branca.

Capela de San Bernabé e San Roque de Espasande de Arriba

É de orixe medieval. Ten unha nave cuberta de madeira a dúas vertentes, capela mayor tamén con teitume de madeira a catro augas e sacristía detrás. No frontis a porta principal con arco de medio punto presenta unha inscrición na clave: “INRI / ANNO MC”. No lintel da porta lateral norte figura un relevo dunha cruz. O pavimento está formado por grandes laxes de lousa. Ten no interior un retábulo rococó do século XVIII, con dous pisos e tres rúas e medallón do Espirito Santo no remate.

Está moi modificada na súa estructura original, presentando varios elementos alleos como muros de ladrillo, arco de hormigón que soporta o anterior de pedra e columnas do mesmo material nos laterais da fachada. Ten unha pía de auga bendita dunha soa peza pero sen o fuste.

Entre as tallas salientas unha Santa Ana e un pequeño San Xosé, pero a de mayor importancia polo seu valor é unha imaxe romántica da Virxe, sedente, dereita de fronte e con coroa, co Neno igualmente de fronte sobre a man esquerda e coa característica románica da falta de expresividade comunicativa entre a mai e o fillo. Fáltalle a man dereita, ademais doutras mutilacións, mais mantén a policromía orixinaria. Posiblemente pertenza ó século XII. Outras tallas populares son a de San Xosé, dous de San Bernabés (un deles é do século XVIII e está repintado) e dous San Roques.

Capela de San Antón de Ferreira

Pequeño edificio con planta rectangular, muros de pedra e fachada recebada con espadana dun só oco na banda dereita. Cuberta de lousa a dúas augas e piso de azulexo onde antes existía terra pisada. Foi fundada no século XVII polo marqués de Bendaña.

Conserva no seu interior un lenzo barroco da Inmaculada Concepción do século XVII e varias tallas, como a de Santa Catarina, San Pedro, San Antón, a Virxe de Fátima, e a máis notable, unha Virxe gótica do século XV.

Os veciños ofrecen exvotos ó San Antón Lacoeiro, protector dos animais e así aparecen algunhas vacas á súa beira.

Capela de San Xosé de Santalla

Foi fundada no século XV, pero está hoxe en día moi reconstruida, con planta rectangular, pequeño pórtico e espadana de pedra dun só van.

No interior presenta un retábulo barroco, de estilo popular, con columnas salomónicas e tres fornelos no piso principal coas tallas da San Xoán Bautista, San Bartola (de estilo barroco), San Alberte do século XVI e unha Santa Olalla.

Capela de San Xoán de Vilaseca

Capela de planta rectangular, muros recebados de cemento e cuberta a dúas augas. A súa construcción é recente seguindo modelos neogóticos na porta principal e na ventá da fachada. Espadana moi estreita dun só oco. No interior ten un retábulo barroco de dous corpos, salomónico. Tallas populares da Virxe, San Xosé e Santo Apóstolo. Tamén existe unha Virxe pintada ó óleo do século XVIII.

Capela vella de San Xoán de Vilaseca

Situada nun alto que domina todo o pobo de Vilaseca, esta capela hoxe en día en estado ruinoso pero aínda pódense ollar parte dos seus muros. Un arco de medio punto feito con pedra de gra de cantería separa a parte do ábside do resto da capela. O elemento máis antigo debe se-lo campanario, separado da estructura principal da capela, está feito con cachotería, lousa, e presenta unha espadana dun só oco rematada hai tempo cunha cruz de ferro.

Torre de Mendaña na Torre

Con planta rectangular, trátase dun edificio moi reformado e con recentes arranxos nada axeitados. As súas paredes son de cachotería e tivo cuberta de lousa. Seica é obra do século XIV ou do Xv e na revolea dos Irmandiños no século XV non foi desfeita porque non aparece na lista das fortalezas derrubadas. A porta principal presenta un interesante arco oxival e varios ventanais aximezados, que perderon o parteluz e teñen falsa bóveda. Foi vivenda do marqués de Mendaña ou Bendaña e a súa familia.

Castelo de Penaflor en Vilasca

Xa non quedan mais que restos dos seus muros, que non permiten a reconstrucción da súa planta. Segundo a información dos veciños non era de moita altura e alí asentouse o señor do castelo despois das loitas cos musulmáns, convertíndose nun señor feudal con dereito a pernada. Despois o castelo pasou a ser do marqués de Mendaña. Algún dos muros do castelo cegaron a ser de tres metros de grosor, tivo foxo e moitas das súas pedras foron aproveitadas na construcción dalgunhas casas de Vilaseca. Nel atopouse ademais algunha moeda e varios cravos de ferro.

Xunto a el existía un forno de facer cal chamado “A Caleira”, con disposición circular.