A casa grande


En Riotorto temos mostras da construción denominada casa grande, que aparece no S.XIX localizada polo xeral en enclaves rurais. Son edificacións similares ós pazos pero sen a ostentación que os caracterizaba.

Exemplos deste tipo de vivenda son a Casa de Rancaño, no lugar de Cachán; a Casa de Moirón no Mazo de Riotorto (onde o escritor Álvaro Cunqueiro pasou algunha tempada da súa vida); a Casa de Bermúdez na Veiga ou a Casa do Roxo en Valverde.

Información recavada do libro Riotorto, Guía do concello, de Carlos Xesús Varela Aenlle