Hórreos
Nas parroquias de Órrea e Galegos consérvanse algúns hórreos de estilo asturiano. Teñen a planta cuadrangular e catro pés de apoio rematados con lousas, sobre as que se poñen pequenos tacos de madeira que equilibran e sosteñen a construción. As súas medidas usuais son de 5 metros por cada un dos lados.
A súa finalidade, ao igual que os cabozos, é a almacenaxe de produtos diversos.
Información recavada do libro Riotorto, Guía do concello, de Carlos Xesús Varela Aenlle