O Riotorto de Cunqueiro
As míticas Terras de Miranda, onde Álvaro Cunqueiro localiza a narración de “Merlín e Familia” (1955), é un espazo a camiño entre o literario e o real. E nesa parte máis real, moitas das paisaxes e lugares descritos na novela correspóndense con sitios de Riotorto.
Cunqueiro levaba a Riotorto no seu corazón xa que súa nai, Josefa Moirón, nacera no concello, e el mesmo dende neno pasaba tempadas na casa da súa familia, a Casa de Moirón, aínda hoxe en pé no lugar de Cachán. Será esta casa familiar, antigo pazo, a que pase á novela como morada do mítico Merlín.
Este vídeo foi feito pola Escola de Imaxe e Son de Lugo, e fala á perfección da vinculación de Cunqueiro con Riotorto