Sendeirismo: "Descubrindo a nosa natureza"


Rodeada de verde, de montaña e de ríos, Riotorto convértese nun destino perfecto para desconectar, para fuxir da rutina e evaporarse entre aire puro e natureza. Estes son motivos máis que suficientes para facer sendeirismo en Riotorto, para gozar con cada detalle: co son dos grilos, co correr da auga polos regatos pequenos, co petar dos mazos ao lonxe como unha sintonía típica da zona, co verde da herba e das árbores, coa cor das flores, co azul do ceo e co silencio, coa tranquilidade…

Velaquí vos deixamos unha ruta de sendeirismo ben chula: comeza no lugar de O Mazo, a través dun paseo que desemboca no lugar de Valverde, para rematar preto de antigos muíños de auga no Machín.