Cabozos


O cabozo é un dos elementos arquitectónicos máis populares da zona e servía para conservar e almacenar distintos produtos do campo como os cereais, as patacas, as cebolas, etc.

O estilo característico desta construción é o de dous soportes que funcionan como laterais da estrutura e divididos polo medio por dúas lousas a ambos lados da cámara de madeira. Esta cámara pode ser simple ou composta e está xeralmente formada por unha serie de táboas denominadas doelas con cuberta a catro augas. De forma rectangular, adoitan medir aproximadamente 6 metros de longo e 2,4 de ancho.

Outra edificación relacionada coa anterior é a o pallar, utilizado antigamente para gardar a palla obtida nas mallas do trigo.

Información recavada do libro Riotorto, Guía do concello, de Carlos Xesús Varela Aenlle