Ir o contido principal

Programa de compostaxe


A agrupación de concellos de A Pontenova, A Pastoriza, Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto, co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, implantará un programa de compostaxe co que reducir a fracción orgánica dos residuos.

O proxecto está pensado para a participación de preto de 1.000 veciños, repartidos entre os 6 concellos, que recibirán de forma gratuíta os correspondentes medios materiais para a elaboración de compost, ao mesmo tempo que recibirán formación na materia e asesoramento continuado durante o proceso.

Os veciños do concello de Riotorto interesados en participar na campaña de compostaxe poderán inscribirse e informarse sobre a mesma no posto informativo que se colocará na Praza do Concello o vindeiro día 15 de decembro de 2020 en horario de 11:30 a 13:30H. Tamén poderán facelo ata o 22 de Xaneiro do 2021 nas dependencias municipais ou chamando ao teléfono 982 346 222.  

Descargar información (PDF)