Un paseo pola nosa arquitectura
Mazos, moas, torres seculares, igrexas e capillas, cabozos, órreos e pallares, casas grandes. O patrimonio arquitectónico de Riotorto ofrece variedades ben diferentes anque cun denominador común: a pedra, a lousa e a maderia. Os materiais máis comúns e característicos nas construcción da zona.
Aquí vos amosamos unha ruta ben chula para facer en coche ou mesmo en bici. Comeza na Órrea, xunto a un órreo de máis de cuarenta anos, segue polo mazo de A Fraga de Ferreiravella, e pasa pola Igrexa antiga de San Pedro e a torre do seu antigo campanario, xoia do S.XVIII. Polo medio capillas varias con historia, casas grandes e construcción típicas da zona, para rematar nun sitio de luxo: O castro da Croa, con Riotorto ao fondo.